luns, 29 de febreiro de 2016

ROSALÍA E O TEMPO

Co gallo da celebración do 24 de febreiro "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO" traballamos algúns dos seus poemas relacionados co tempo: o sol, a lúa. os ríos... Despois de ler e traballar os poemas, colocamos varias estrofas nun mural no corredor:






FABRICANDO CHOIVA

O  alumnado de segundo de primaria, estivo experimentando cos estados da auga, como pasa do estado sólido ao líquido.


En familia tamén realizaron pequenos experimentos para crear "AUGA DE CHUVIA" seguindo unhas pequenas instruccións.



APRENDENDO CO TEMPO

Todos os días os nenos e nenas de primeiro, ademais de escribir a data nos seus cadernos, observan o tempo e anotan o símbolo climático correspondente a cada día.



 


Coa axuda das súas familias recolleron algúns refráns relacionados co tempo e despois de escribilos e decoralos, puxéronos nun mural no corredor.

"CANDO NON CHOVE EN FEBREIRO
NIN BO PARDO NIN BO CENTEO" 

"MARZO VENTOSO E ABRIL CHUVIOSO
FAN MAIO FRORIDO E FERMOSO"
 
"CANDO COMES COL ACÉRCASE O SOL"

"ABRIL FRÍO PAN E VIÑO"

 "ABRIL, AUGAS MIL"

"ANO DE NEVES, ANO DE BENS"



venres, 19 de febreiro de 2016

QUE TEMPO VAI HOXE?

Os rapaces e rapazas de 5º de infantil están traballando na asamblea, dentro das súas rutinas diarias, a situación meteorolóxica de cada día.

 Todos os días, empregando unha pegatina, fan constar nunha táboa, o tempo que fai: sol, choiva, nubrado ou sol con nubes.


  

 Ao finalizar cada mes, analizan estes datos e van contando cantos días fixo sol, cantos choveu ou cantos estivo nubrado. Coas contas feitas, anotan nunha gráfica a información meteorolóxica.




 Por último pasan os datos a unha táboa anual, que lles permitirá facer unha representación gráfica  e unhas estatísticas do tempo que houbo en Bueu durante o curso.

sábado, 13 de febreiro de 2016

O TEMPO MADE IN BUEU

Para coñecer mellor todo o relacionado co noso proxecto das meteoescolas "O tempo made in Bueu" non deixedes de ver esta presentación onde se explica paso a paso o traballo que xa estamos a realizar: 


mércores, 3 de febreiro de 2016

RECOLLIDA DE DATOS I

Todos os días á hora de entrar ao cole un grupo de alumnos/as acompañados polo seu titor/a visitan a GARITA METEOROLÓXICA para recoller os datos.



Despois anotan estes datos observados na ficha de datos meteorolóxicos correspondente.



Por último actualizan os datos da taboleiro cos datos recollidos.



Nesta semana comezaron a recoller os datos o alumnado de sexto.

luns, 1 de febreiro de 2016

O ALUMNADO DE SEXTO PRESENTA O PROXECTO I

O alumnado de 6º de Primaria da a coñecer o Proxecto das Meteoescolas "O tempo made in Bueu" a todo o alumnado do centro.


Para os máis pequeniños prepararon un percorrido polas distintas zonas onde está presente o proxecto. 


No taboleiro da entrada explicáronlle os datos que estamos a recoller cada día: data, temperaturas máxima e mínima, pluviosidade e o estado do noso satélite (a Lúa)


Na sala polivalente contáronlle que "O tempo made in Bueu" é un proxecto de todo o centro polo que é preciso traballar en equipo e repartir as tarefas en distintos niveis


Despois amosáronlles a parede onde se van colocar todos os traballos realizados polo alumnado. 


Deste xeito e con todos os traballos expostos realizaremos unha aprendizaxe cooperativa expoñendo os distintos puntos traballados para poder así aprender xuntos.


Por último, todos xuntos visitamos a GARITA METEOROLÓXICA instalada no patio do recreo e explícanlle para que serven os dous instrumentos meteorolóxicos que se atopan no seu interior.