luns, 24 de abril de 2017

RECOLLIDA DE DATOS

Con moita ilusión o alumnado de Infantil recibiu a METEOCAIXA.



Despois de estudar con moito interese o seu contido desplazáronse ata o centro de Primaria para aprender máis cousas sobre o tempo atmosférico. 

 

Despois de visitar a garita meteorolóxica e tomar todos os datos importantes: temperatura máxima e mínima, cantidade de choiva, vento ...




... anotaron, ao igual que fan os maiores, toda a información recollida no taboleiro correspondente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario